Ola a todos!
Comeza unha nova andaina para todos aqueles que queiran "sacar a lingua a pacer".
Quen somos e que facemos?
Somos o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Eusebio da Guarda.
Este equipo está composto por un grupo de mestres co fin de fomentar o uso e coñecemento da lingua galega a toda a comunidade educativa do noso centro a través de diferentes actividades.
Por que?
- Porque temos unha lingua propia.
- Porque é a lingua de todos.
- Porque queremos falar na nosa lingua con normalidade en calquera contexto.
- Porque valoramos o que temos.
- Porque valoramos a tradición.
- Porque aprender galego é saber máis.
- Porque queremos que se poida escoller.
Traballaremos con todos e para todos:
- O alumnado é o futuro da nosa lingua.
- O profesorado axuda na promoción do galego.
- As familias son as portadoras do legado lingüístico do pasado e do futuro.
Comentarios
Publicar un comentario