BREO presenta... as "OUTONADAS" e o SAMAÍN.


 O Cole vestiuse de Outono coa caída das follas e o cheiro das castañas.

Breo fixo un chamamento a todo o alumnado e profesorado para encher o Cole de cabazas, manualidades, ditos e refráns desta época.

Aquí vos deixamos unha mostra do que ocorreu durante esta semana de Magosto.

A casa do ogro Juan:



O mural de entrada cheíño de "Outonadas".


Unha historia trepidante sobre BREO e a Señora Vampira que inventaron as alumnas e alumnos de infantil guiados polas mestras:




 O alumnado de Primaria tamén está cheo de imaxinación:







 Por último as manualidades e cabazas que fixeron nas titorías (xa que este curso non estaba permitido traer nada da casa).



Grazas a todas e todos por manter o entusiasmo a pesar das circunstancias.

Asdo: BREO e o seu equipo.

Comentarios