Ola familia do Eusebio!
BREO quere darvos a benvida ao novo curso, así que .... imos aló!!!
(Visualizade este vídeo e logo lede a información que deixamos aquí abaixo)
Co gallo das
celebracións de Magosto e Samain, este curso retomamos a exposición de cabazas
e froitos de outono que aporte o alumnado.
O luns 25 de outubro poderán traer as súas manualidades e retiralas o venres 29 de outubro. Levará indicado o nome e curso.
Por outra
banda, o venres día 29 todo o alumnado que desexe poderá vir caracterizado do
Samain coa única condición de que non poderán traer complementos (nada fóra do
que traian posto).
Grazas pola vosa colaboración!