RECURSOS DIXITAIS DE OUTONO: MAGOSTO E SAMAIN


Ola de novo!!

Xa temos un montón de actividades e recurso para vós.


Entre unhas cousas e outras, xa temos o Samaín á porta, así que creamos este xogo de preguntas sobre esta celebración milenaria, esta tradición que, como ben sabedes, estase recuperando na nosa terra dende hai xa anos. Esperamos que pasedes un bo rato con el, servirá para que coñezades canto sabedes sobre o Samaín e axudaravos a abrir a porta que conecta co mundo dos espíritos, pero tede moito ollo!! Hai espíritos bos, pero tamén malos … Premede sobre a imaxe da pantalla de inicio do xogo e abrirase nunha nova xanela para xogar. E para ambientarvos máis e mellor, activade o son!! (Achega de Charo Vázquez Freire).

A compañeira Naír García Abelleira fainos chegar esta ducia de monstros para festexar o Samaín.

Facede clic na seguinte imaxe para acceder ás actividades. A partir de aquí podedes utilizalas como máis vos guste: para facer descricións, para inventar a historia de cada un, para investigar sobre eles, para crear historias de banda deseñada, para crear outra ducia de monstros da clase… Imaxinación ao poder! Que medo!!!


ACTIVIDADE PARA ED. PRIMARIA.

Premer no enlace: 

https://view.genial.ly/61575c7175267b0e312bca8e


U.D. ED. PRIMARIA 

(Premede na imaxe)




Aquí tedes o xogos, pero non deixedes de ler máis abaixo, onde teredes a recompilación de música  e este magnífico CHEGOU O SAMAÍN descargable.


 





Sabedes desde que ano se celebra o Samain en Galicia? Moita xente segue a pensar que é unha tradición de América pero convidámosvos a buscar información sobre esta tradición.

Un pobo que recuperou o Samaín. (Preme na imaxe).




Descargables para Educación Infantil:
(Premer nas imaxes)








A continuación deixamos materiais do curso anterior que son perfectamente válidos para este curso 21-22.

Actvidades e información. (Preme na imaxe)


Actvidades e información. (Preme na imaxe)







Comentarios