DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO



Chegou o Día de Rosalía que este ano, despois de novas achegas, demostrouse que verdadeiramente Rosalía de Castro naceu o 23 de febreiro, polo que a celebración será, a partir de agora, este día.


Seguindo a proposta da Asociación de escritores e escritoras en Lingua Galega, no cole rodeamos á nosa querida escritora de PENSAMENTOS, a súa flor preferida. Tanto de pensamentos naturais coma de pensamentos en papael decorados polo alumnado. 


Así de preciosa e ben rodeada quedou Rosalía de Castro.





Aquí podemos ver máis de cerca todos os PENSAMENTOS e as palabras que escribiron dentro de cada pétalo, que tiña que ser algunha dos seus poemas ou que nos gustara especialmente.


Comentarios