“O RECUNCHO DAS NOSAS LETRAS”
Queridos nenos e nenas do Eusebio, Breo quere dicirvos algo:
Ola a todos e todas! Teño un amigo que se chama Ricardo Carvalho Calero. Quero darlle unha sorpresa e encher o noso recuncho coas vosas “ARTISTADAS” para festexar o Día das Letras Galegas. Aínda que di Ricardo, que cando voltemos ao Cole temos que facerlle unha festa moi grande, como todos os anos, pero hoxe propóñovos o seguinte:
• Ed. Infantil:
RETRATOS de Ricardo Carvalho Calero• Ed. Primaria:
1º e 2º: CARTEIS conmemorativos do día das Letras Galegas adicado a Carvalho Calero.3º e 4º: Inventade un poema a través dun ACRÓSTICO.
5º e 6º: poesías, chistes,caricaturas, cartas dirixidas ao autor…
Se queredes participar e compartir os vosos traballos no noso blogue, segue as instrucións:
1. Envía o documento escaneado ou a foto á seguinte dirección de correo eléctrónico:
breoeusebio@gmail.com
2. Indica no mail o teu nome, curso e grupo.3. Faino durante esta semana (11 ao 17 de maio).
Agardamos as vosas creacións para poder disfrutalas tod@s xunt@s!
Comentarios
Publicar un comentario